Resumen Presentación

A vila termal de Barbantes acollerá o vindeiro sábado o retorno da Volta Ciclista ó Ribeiro ó calendario nacional.

 

A casa do Pobo de Barbantes foi o lugar escollido para presentar a XLI edición da Volta Ciclista ó Ribeiro pola nova directiva, que se celebrará o sábado 17 de xuño.

O acto que estivo presidido polo alcalde do Concello de Cenlle, Gabriel Alén, comezou co seu agradecemento á Asociación de Veciños San Antonio de Barbantes Estación, pola continuidade dunha proba xa tradicional na localidade.

 Manuel Vázquez, tomou a palabra para apoiar a continuidade da Volta máis lonxeva de toda a comunidade e recalcaba que a xunta de Galicia sempre estará o seu carón na medida do posible. Dende a Deputación de Ourense, Bernardino González, alegrouse de que a Vila termal tome protagonismo nas actividades da zona e recordou que a Volta o Ribeiro sempre estará detrás das programación deportiva da Deputación, “este ano estamos orgullosos de formar parte da organización da Proba ciclista mais importante da Provincia”.

 

A Federación Galega de Ciclismo, a través do seu presidente Carlos Muñiz, incidía na importancia das forzas do orde para levar a cabo calquera actividade ciclista e agradecía a confianza depositada da Asociación San Antonio, na xestión administrativa da volta. “Dende a federación tiñamos moi claro que a Volta o Ribeiro debe estar onde se merece como proba 1.12.2 que puntuará para o calendario nacional con 140 puntos”.

Cerraba o acto Alex  Bello, representante da Asociación de Veciños San Antonio de Barbantes Estación,  agradecendo dende o primeiro momento despois da decisión de afrontar este gran reto a todos as institucións patrocinadores e colaboradores como a Federación Galega de Ciclismo que día a día nos da os mellores consellos para que o próximo sábado estea todo correcto para acoller o centenar de corredores Elite Sub-23 inscritos na proba. “ quero agradecer os 7 equipos galego todo o seu apoio inscribindo  a todos os clicistas posibles e aopoindonos dende o día que chamamos.”

Club Ciclista Deputación de León, Colloto Cidade Oviedo, José María Nicolau, estarán presentes entre os representantes de fora da comunidade. Como representantes Galego serán Aluminios Cortizo Anova, Autonic Cub Ciclista Vigues, Club Cilista Rias Baixas, Club Ciclista Spol Porriño, Club Ciclista Cambre Caeiro, Supermercados Froiz, Team Guerciotti Kiwi Atlántico

.

De Izquierda a derecha. (Lama Guardia Civil,Manuel Pérez Xunta, Gabriel Alén Concello de Cenlle, Bernardino González Diputación Ourense, Juan Carlos Muñiz FGC, Álex Bello AAVV San Antonio de Barbantes)