LA LOCOMOTORA VAN HEERDEN GANA LA XLII VOLTA CICLISTA RIBEIRO TERMAL BARBANTES ESTACIÓN

Un erro de Aser Estevez condea ao segundo lugar ao Padronés

Barbantes Estación foi testemuña un ano máis da volta ciclista ribeiro termal, 117 corredores élite e sub-23 arrancaban as 4.30 da tarde baixo os 28 grados de temperatura.

No km. 13 Ourense presenciaba os primeiros ataques por parte dos dous equipos dominadores da proba, o Clube Ciclista Rías Baixas e Clube Ciclista Padronés. A ciclista profesional Paula Sanmartín aguantaba no pelotón principal ata o arranque da primeira dificultade montañosa, O alto castro San Cibrao. A hora de coroar este alto 3 corredores levaban unha vantaxe de 45 segundos sobre dous grupos perseguidores de máis dunha decena de ciclistas.

Aser Estevez pasaba en primeiro lugar pola meta voante de Barbantes Estación seguido de preto polo corredor do Clube Ciclista Cambre, por detrás o Clube Cliclista Rías Baixas conseguíu con éxito fusionar os dous grupos con máis dun centear de corredores na subida ao segundo porto de montaña do día, O porto de Maside.

De cara a Ribadavia o Clube Ciclista Padronés non estaba cómodo coa situación  enviando así a un dos seus corredores por díante no inicio do alto da Carixa unha vez rematada esta dificultade non puntuable, formouse o grupo principal de 10 corredores no que o clube Rías Baixas comandaba a subida ao último porto da xornada, o alto de San Amaro.

Aser Estevez rompía as hostilidades ao comezo do porto seguido polo potente sudamericano Edwil Van Heerden que a un quilómetro e medio da cima contratacaba, sendo só seguido por Aser Estevez coroando primeiro e segundo respectivamente o alto de San Amaro.

Edwil Van Heerden presentouse en solitario na línea de meta de Barbantes Estación seguido por Aser Estevez ao cal un erro na técnica baixada final o condeou a ser 2º con 20 segundos de retraso, o terceiro caixón do podio sería moi disputado por Frances Zurita do Clube RÍas Baixas e Jesus Nanclares sendo este último o que completaría o podio final tra-la revisión da foto fínish.

Marco OMAR ClUbe Ciclista Deputacion de León facíase co liderado da categoría sub-23, Frances Zurita Clube Ciclista Rías Baixas sería o mellor escalador da xornada e Aser Estevez Club Ciclista Padronés o máis rápido nas metas voantes.

Alex BELLO Director técnico da proba quíxo agradecer o esforzo de patrocinadores institucionais ,privados, colaboradores e voluntarios destacando que sen eles sería imposible levar a cabo un ano máis a celebración dunha das carreiras con máis nivel do territorio galego.